Polígono Industrial de Bértoa, 1500 Carballo.
Xoves e sábados de 10.00h a 13.00h e de 16.00h a 19.00h.
981 754 917
carballo@laceriaservigal.es
Animais perigosos

Licenza para a tenencia de animais potencialmente perigosos

A persoa propietaria ou posuidora dun animal considerado como potencialmente perigoso debe obter a licenza administrativa municipal no Concello onde reside.

Documentación que se debe achegar xunto coa solicitude para a obtención da licenza:

  1. Fotocopia do DNI.
  2. Aboamento das taxas previstas.
  3. Fotografía tamaño carné.
  4. Certificado de non ter sido sancionado/a por infraccións graves ou moi graves segundo a Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenencia de animais potencialmente perigosos (Lugar de obtención do certificado: Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Edif. Administrativo Monelos, Praza de Luís Seoane, s/n. Tfno. 981 184 539 / 981 184 499).
  5. Certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica, emitido polas direccións dos centros médico-psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados.
  6. Xustificación da subscrición e formalización para o animal dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros, onde se especifique claramente que o animal ten unha cobertura mínima de 125.000 euros. Acreditarase mediante a presentación de copia compulsada da póliza de seguro, ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente.
  7. Copia compulsada do último recibo do seguro.

Inscrición no rexistro de animais potencialmente perigosos

A persoa titular da licenza para a tenencia de animais potencialmente perigosos deberá inscribir o animal no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos do Concello de residencia habitual do animal, no prazo de 15 días contados a partir da obtención da licenza, de conformidade co disposto no art. 4.1 do Decreto 90/2002, e deberá achegar a seguinte documentación:

Datos da persoa solicitante (propietario/a, posuidor/a ou que o ten):

  1. Nome e apelidos.
  2. DNI.
  3. Domicilio e teléfono de contacto.
  4. Licenza municipal para a tenencia de animais potencialmente perigosos (Indicar nº de licenza e data de expedición). Se se obtivo noutro Concello, débese achegar fotocopia desta.
  5. Se a licenza se obtivo noutro Concello: Xustificación da subscrición dun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 125.000 euros (acreditarase mediante a presentación de copia compulsada da póliza de seguros ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente).
Datos do animal
  1. Nome, especie, raza, sexo, data de nacemento, características externas identificatorias, enderezo do animal.
  2. Copia compulsada do documento acreditativo da implantación do microchip do animal asinado por veterinario/a autorizado/a.
  3. Aptitude (función do animal): Compañía ou garda, defensa, caza.