Punto limpo

Punto limpo

CENTRO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS E PERIGOSOS

Neste espazo pódense depositar os residuos voluminosos do fogar, electrodomésticos, residuos perigosos e todo tipo de residuos, agás a materia orgánica.  

Residuos Periogosos do Fogar: Tubos fluorescentes, lámpadas, cristais ou espellos, pinturas, disolventes e vernices, aerosois, aceite de cociña usado ou de motor, productos limpadores, material de equipos informáticos, como cartuchos de tinta...

Electrodomésticos: Televisores, refrixeradores, frigoríficos ou aparatos de aire acondicionado con compoñentes CFC, lavadoras, termos...

Residuos Voluminosos: Mobles e trastes vellos, sofás, portas, persianas, chatarra e metais, madeira e restos de poda, pneumáticos, sanitarios e pezas de baño, cascallos de obra ou reforma...

Recollida Selectiva Habitual: Papel e cartón, vidro, envases lixeiros e materia inerte, pilas e baterías.


Este é o lugar máis axeitado para levar os residuos  que non sabemos onde deben depositarse.  

T 981 754 917 / 981 704 100 - Twiter@CarballoLimpo

Polígono Industrial de Bértoa, 1500 Carballo 
Ver en Google Maps

HORARIO RECOLLIDA
PUNTO LIMPO
Xoves e sábados, de 10h a 13.00 h e de 16 h a 19.00 h.