Punto limpo móbil

Punto Limpo Móbil

Este Punto Limpo Móbil funciona coma un servizo de recollida gratuíta a domicilio dos residuos que se deberían depositar no Punto Limpo.

Con este servizo poderemos desfacernos comodamente, sen movernos da casa, daqueles residuos que, polas súas especiais características, non son aptos para depositar nos espazos habituais de recollida: mobles vellos, restos de madeira, electrodomésticos, chatarra ou metais...

É preciso avisar por teléfono ou Twiter o día anterior e depositar os enseres a carón do colector máis cercano durante a noite do martes.  

T 981 754 917 / 981 704 100 - Twiter@CarballoLimpo
 

HORARIO RECOLLIDA PUNTO LIMPO MÓBIL
Todos os mércores, de 7 h a 13.40 h.

Lembra avisar e depositar os enseres con anterioridade.