Compostaxe caseira

Compostaxe caseira

A compostaxe caseira consiste no uso de composteiros para poder reciclar os restos orgánicos que producimos nas nosas vivendas sen ter que tiralos ao lixo. Este método converte os restos de comida en compost que despois se pode aproveitar como fertilizante. Este é un proceso que está máis que probado e que non ten porque producir molestias nin malos olores se se realiza do xeito axeitado.

O proxecto

Composteiro

Nunha primeira fase, 50 vivendas, outras 25 na segunda fase, e 25 máis nunha terceira fase, puideron beneficiarse deste proxecto piloto no que recibiron gratuitamente un composteiro, unha bolsa de estruturante natural e a formación e seguimento preciso para poñelo en funcionamento. As vivendas foron seleccionadas tendo en conta que deberían ser vivendas unifamiliares illadas e tamén seguindo un criterio de reparto poboacional, entre as solicitudes coincidentes: No caso de que houbera sobre demanda realizaríase un sorteo.

Carballo Limpo realizou unha entrega tutelada de cada un dos composteiros, poñendo persoal técnico que visitou entre dúas e tres veces por semana as vivendas seleccionadas durante o primeiro mes e continuou facendo un seguimento semanal durante os meses seguintes.

Desde o Concello considéranse moi importantes este tipo de iniciativas, por eso se engadiron no proxecto que está executando a empresas UTE Carballo, responsable da recollida de lixo. O reducir as toneladas de lixo que se leve a Sogama é un obxectivo de todo o equipo de Carballo Limpo, por iso se espera que este proxecto teña éxito e poder amplialo no futuro a un número maior de vivendas.

Descargas